Que día tan divertido pasamos hoxe no cole! Tivemos a oportunidade de levar a cabo un obradoiro de educación vial en colaboración coa DGT no que, primeiro tivemos unha charla informativa e despois, puidemos montar no coche da Guardia Civil de tráfico e facer un circuito cos nosos patíns ou bicis. Tamén aproveitamos para coñecer os diferentes elementos de tráfico. Como desfrutamos!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 6 de novembro de 2026
xoves, 5 de novembro de 2026
SOMOS ARTISTAS!!
martes, 3 de novembro de 2026
VISITAMOS ITALIA E EXIPTO
As dúas derradeiras semanas as nenas e os nenos de 6º de Infantil estivemos a aprender moitísimo sobre Italia e Exipto, aquí vos deixamos un resumo!
venres, 30 de outubro de 2026
CELEBRAMOS SAMAÍN NO COLE!
Chegamos ao cole así de guapos para festexar o Samaín-Halloween
Nada máis chegar, puxémonos mans á obra para preparar a nosa merenda : unhas ollopizzas do máis saborosas...
xoves, 29 de outubro de 2026
TRABALLOS HALLOWEEN-SAMAÍN
MANUALIDADES TERRORÍFICAS DE SAMAÍN
Dende a biblioteca de centro, este ano, tivemos a proposta terrorífica de ilustrar nun bote un conto relacionado co Samaín... como se esmeraron as nenas e nenos de infantil e as súas familias! Botade un ollo a estes contos tan medorentos!! Moitas grazas familias por toda a axuda!
domingo, 25 de outubro de 2026
O NOSO DÍA A DÍA
Na clase de 3 e 4 anos custounos moito afacernos uns a outros, somos un grupo numeroso, hai que saber esperar, agardar turnos, seguir as rutinas e cumprir todas as esixencias da profe... aínda queda moito camiño pero pouco a pouco imólo conseguindo. A partir de agora será todo moito máis fácil...
venres, 23 de outubro de 2026
BINGO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO!
Coa celebración da carreira/andaina "A Media do Camiño" que se levará a cabo este domingo, o cole de Castrelo tivo a oportunidade de xuntarse coas nenas e nenos do cole de Medeiros, e así, xuntos, e en colaboración coa organización da carreira, puidemos aprender un montón sobre o Camiño de Santiago.
Por equipos, mesturados dende Infantil ata Primaria dos dous centros, o alumnado tivo que buscar a información correspondente ás preguntas formuladas na súa tarxeta do bingo para despois, xogar todos xuntos/as. Os equipos afortunados de ter liña e bingo tiveron un agasallo delicioso!!
Ademais, dende as aulas, puidemos decorar diversas frechas amarelas que simulan as do Camiño, que serán utilizadas na carreira para sinalizar ás persoas participantes as sendas que deben seguir e non perderse de camiño á meta!
Pasamos un día estupendo!
martes, 20 de outubro de 2026
VISITAMOS REINO UNIDO E FRANCIA!
Na aula de 5 anos do cole de Castrelo estamos comezando a nosa viaxe ao redor do mundo que nos está encantando!! Estas dúas últimas estivemos en Reino Unido e en Francia, mirade canto aprendemos!!
RELAXACIÓN
Na clase de 3 e 4 anos somos moitos e moi rebuldeiros pero despois de traballar, xogar, comer , rir e a veces, tamén chorar, chega o momento de descansar...
Custounos moito chegar a relaxarnos na clase, pero conseguímolo. Relaxámonos tanto que os de 3 anos incluso dormen e os de 4 aprenderon a traballar e a xogar en silencio e moi tranquiliños para non molestalos...
mércores, 7 de outubro de 2026
MOITOS PARABÉNS LARA!!
Hoxe Lara celebrou con nós que xa ten 5 anos!! E tróuxonos un biscoito de chocolate para celebralo. Moitos parabéns Lara!!
venres, 2 de outubro de 2026
Comezamos o proxecto da volta ao mundo en 80 días!
Na aula de 5 anos tivemos unha sorpresa!
Unha maleta dun señor chamado Julio Verne apareceu misteriosamente na nosa aula... Dentro, había unha peza dun puzle, un libro e unha carta. Nesta última, Julio contábanos que escribiu un libro titulado: A volta ao mundo en 80 días! no cal, o seu protagonista, Phileas Fogg recorría o mundo... pero hai un problema: Julio está moi maior e non recorda os países!!
Na maleta, so nos mandou o seu libro e primeira peza do mapa que recorreou... Se logramos aprender moito de cada país que visitou Phileas (un por semana), iranos mandando as pezas que faltan, e así, completar o puzle entre todos!! Poderemos conseguilo?? Precisamos toda a axuda posible!!
Ademais, nestas dúas semanas, tamén estivemos a mergullarnos no outono e seguimos cos obradoiros semanais... non paramos!!
martes, 22 de setembro de 2026
CARLA CUMPLE 5 ANOS!!
Na clase de 5 anos seguimos de aniversarios!! Hoxe tocoulle a Carla, que xa ten 5 anos! Tróuxonos un biscoito caseiro riquísimo, moitos parabéns Carla!! E moitas grazas por compartilo con nós!
luns, 21 de setembro de 2026
PRIMEIRAS SEMANAS DE COLE!
Na clase de 5 anos estamos moi contentos... xa somos os maiores de Infantil e estamos todos/as xuntos de novo!!
Estes primeiros días estivemos moi atarefados... aquí vos deixamos un pequeno resumo!!
venres, 18 de setembro de 2026
MOITOS PARABÉNS ENZO ARAÚJO!!
mércores, 16 de setembro de 2026
PERIODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO!!
venres, 19 de xuño de 2026
FESTA DE FIN DE CURSO!!
Resumo do curso 25-26
A clase de 3 e 4 anos traballou un montón este curso, e aquí podedes ver un resumo! Pero sobre todo, xogamos, fixemos un súper equipo e crecemos como persoas cheas de valores. Moitas grazas por cada un dos vosos sorrisos e por cada unha das vosas apertas cheas de amor, vémonos o curso que vén!!
E tamén, grazas a vós, familias, polo apoio, a inmensa colaboración e a confianza!! Pasade moi bo verán!
PARABÉNS GRADUADOS!!
Onte, os maiores de infantil despediron unha das etapas máis bonitas e especiais das súas vidas. Foi unha tarde chea de emocións e sentimentos encontrados que quedará para sempre gravada nos nosos corazóns. No seguinte vídeo está o resumo de tres anos marabillosos
E como grandes estrelas, festexaron o paso a primaria:
mércores, 17 de xuño de 2026
MOITOS PARABÉNS MARCO E CANDELA!!
Hoxe Marco e Candela, que cumplen no verán, celebraron os seus 5 e 4 anos respectivamente!! Trouxéronnos unha rica tarta que desfrutamos entre todos! Moitísimas grazas!! Estaba boísima!!




.jpg)









.jpg)












