Na clase de 4 e 5 anos estamos moi emocionados preparando o Halloween-Samaín. Durante esta semana estivemos decorando a porta da aula e facendo varias actividades para irnos preparando para a semana terrorífica que nos espera....
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 24 de outubro de 2024
mércores, 23 de outubro de 2024
PARABÉNS GORKA!!
Hoxe na clase de 4 e 5 festexamos o cumple de Gorka, que está a punto de cumprir 4 anos e quixo festexalo cos seus compis. PARABÉNS GORKA!!
sábado, 19 de outubro de 2024
BISCOITO DE OUTONO
Onte os pequen@s de Castrelo tivemos un día moi reposteiro!! Coas mazás e os conchos que recollemos a semana pasada no patio do noso cole, fixemos un biscoito de outono. Estaba riquísimo pero o mellor foi todas as cousas que aprendemos e o ben que o pasamos facendoo.
Colaboramos todos porque somos un gran equipo! Planificamos con coidado a elaboración, o xoves tiñamos pensado sair de compras pero como choveu chamamos por teléfono á tenda de Castrelo para pedirlles por favor se nos podían acercar a compra (grazas Ceci pola túa paciencia e a coloboración sempre) e o venres puxémonos mans á obra. Quedounos moi saboroso e como o fixemos mooi grande puidemos repartir a proba para o resto das clases de primaria. No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que desfrutamos!!
venres, 18 de outubro de 2024
mércores, 9 de outubro de 2024
RECOLLEMOS FROITOS DE OUTONO!!
A semana pasada os nenos de infantil aproveitamos un día de bo tempo para recoller froitos de outono. Recollemos as mazás que temos no patio e saímos por detrás do cole para recoller noces, puxémolas a secar na aula e esta semana comezamos a limpalas.
luns, 7 de outubro de 2024
PARABÉNS LARA!!
Hoxe houbo moita festa nas clases de infantil. Na clase de 3 anos, festexamos tamén o cumple de Lara. PARABÉNS LARA!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






