mércores, 30 de outubro de 2024

MANUALIDADES FAMILIAS INFANTIL

Deixámosvos as manualidades que os pequenos de Castrelo fixeron coas súas familias. Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración!!






martes, 29 de outubro de 2024

EXPERIENCIAS SAMAÍN-HALLOWEEN

 

Hoxe na clase de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moooi terroríficamente divertida. As nosas bruxasprofes prepararon un ambiente de Samaín-Halloween no que tiñamos dúas bandexas sensoriasnas para traballar. Nunha tivemos que remexer coas mans entre os espaguetes  de cores para atopar diferentes elementos de Samaín, que logo recontamos e trnsladamos a unha ficha. Na outra buscamos entre as teas de araña e as fabas negras tres elementos decorados de Samaín para facer despois unhas pulseras, que nos quedaron chulísimas!! Mirade que ben o pasamos....






xoves, 24 de outubro de 2024

ACTIVIDADES HALLOWEEN-SAMAÍN


Na clase de 4 e 5 anos estamos moi emocionados preparando o Halloween-Samaín. Durante esta semana estivemos decorando a porta da aula e facendo varias actividades para irnos preparando para a semana terrorífica que nos espera....



mércores, 23 de outubro de 2024

PARABÉNS GORKA!!

 Hoxe na clase de 4 e 5 festexamos o cumple de  Gorka, que está a punto de cumprir 4 anos e quixo festexalo cos seus compis. PARABÉNS GORKA!!



sábado, 19 de outubro de 2024

BISCOITO DE OUTONO

 

Onte os pequen@s de Castrelo tivemos un día moi reposteiro!! Coas mazás e os conchos que recollemos a semana pasada no patio do noso cole, fixemos un biscoito de outono. Estaba riquísimo pero o mellor foi todas as cousas que aprendemos e o ben que o pasamos facendoo.
 Colaboramos todos porque somos un gran equipo! Planificamos con coidado a elaboración, o xoves tiñamos pensado sair de compras pero como choveu  chamamos por teléfono á tenda de Castrelo  para pedirlles por favor se nos podían acercar a compra (grazas Ceci pola túa paciencia e a coloboración sempre) e o venres puxémonos mans á obra. Quedounos moi saboroso e como o fixemos mooi grande puidemos repartir a proba para o resto das clases de primaria. No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que desfrutamos!!



venres, 18 de outubro de 2024

mércores, 9 de outubro de 2024

RECOLLEMOS FROITOS DE OUTONO!!


A semana pasada os nenos de infantil aproveitamos un día de bo tempo para recoller froitos de outono. Recollemos as mazás que temos no patio e saímos por detrás do cole para recoller noces, puxémolas a secar na aula e esta semana comezamos a limpalas.